Pedidos e Devolucións
O plazo de devolución é de 30 días. |
-
Prazo de devolución
Tes 30 días a partir da data de confirmación do envío para facer efectiva a devolución.
-
Como devolver
Devolución en tenda
–Devolución en puntós de entrega - 1. Fai a túa solicitude desde a túa conta aquí. Se realizaches a túa compra como convidado, fai clic aquí. 2. Recibirás un correo electrónico coa etiqueta de devolución adxunta, segue as instrucións da mesma.- Se a devolución se realiza nos 15 primeiros días será gratuíta, se pasaron cobrarase 1,95€ do total da devolución
- Se é a segunda devolución do mesmo pedido tamén se cobrará 1,95€ do total da devolución
-
Como recibirei o importe da miña devolución?
Unha vez aprobada a devolución, recibirás o importe no mesmo método de pagamento no que realizaches a túa compra. Para as devolucións con tícket agasallo, consúltao aquí. No caso de pedidos contra reembolso ou pagados en tenda, deberás achegarte a unha das nosas tendas para recibir a devolución na mesma forma de pagamento coa que fixeches a compra.
-
Cando recibirei o importe da miña devolución?
En canto se aprobe, recibirás un correo electrónico de confirmación indicándoche que se aboará o importe na túa conta nos próximos días. O tempo que tarde en facerse efectivo o reembolso na túa conta dependerá sempre da túa entidade bancaria.
-
Podo cambiar os artigos que comprei en bershka.com?
Podes cambiar os artigos durante os 30 primeiros días desde a data que figura no teu correo electrónico de confirmación de envío. Só poderás facer o cambio nunha das nosas tendas. Sempre polo mesmo artigo en diferente talle e/ou cor, en caso de que estea dispoñible. Para ver as túas tendas máis próximas, preme aquí. Non é posible cambiar os artigos desde o teu domicilio. Deberás solicitar unha devolución desde a túa conta e facer un novo pedido en liña.
-
PODO DEVOLVER CALQUERA ARTIGO?
Os produtos para devolver teñen que estar en perfectas condicións, conservar as súas etiquetas orixinais e non poden estar usados. Debe realizarse a devolución nun prazo máximo de 30 días desde a Confirmación de Envío. Non se poden cambiar nin devolver:
• Os artigos personalizados
• Artigos impresos a demanda
• Produtos da impresora Bershka
• Roupa interior
• Pendentes
• Artigos para o cabelo
• Gorras nin sombreirosTen en conta as seguintes condicións especiais para algúns dos nosos artigos:
• Roupa de baño: debe incluír o adhesivo de hixiene.
• Accesorios: terán que ser devoltos coa súa embalaxe orixinal completa e sen manipular.
• Fragrancias e colección de beleza: deberán ser devoltas no mesmo envoltorio orixinal, precintado.
• Packs: son indivisibles e deben devolverse todos os artigos na embalaxe orixinal.
Os cambios sempre teñen que realizarse en tenda física e seguir as mesmas condicións que se indican nos produtos para devolver. -
Devolución con tícket agasallo
O prazo para calquera devolución é de 30 días a partir da data que aparece no Tícket Agasallo. Tes dúas opcións para tramitar a devolución en tenda: No mesmo método de pago, sempre e cando presentes a factura de compra (que podes descargar desde a conta do usuario que tramitou o pedido). Nunha tarxeta aboamento se presentas o tícket agasallo no momento de facer a devolución. Lembra que unha vez que se efectúe a devolución en calquera destas dúas opcións, non se poderá modificar.
-
Ten en conta as seguintes condicións especiais para algúns dos nosos artigos:
• Roupa de baño: debe incluír o adhesivo de hixiene.
• Accesorios: terán que ser devoltos coa súa embalaxe orixinal completa e sen manipular.
• Fragrancias e colección de beleza: deberán ser devoltas no mesmo envoltorio orixinal, precintado.
• Packs: son indivisibles e deben devolverse todos os artigos na embalaxe orixinal.
Os cambios sempre teñen que realizarse en tenda física e seguir as mesmas condicións que se indican nos produtos para devolver.
Bershka.com reserva o dereito de rexeitar devolucións comunicadas ou enviadas fóra do prazo fixado, ou prendas que non se encontren nas mesmas condicións nas que foron recibidas.
PAGAMENTO
Agora pagar as túas compras é moito máis fácil
-
Pago con ApplePay e GooglePay dispoñible só na App.
-
Cando se retira o importe da compra da miña conta bancaria?
Unha vez que o banco autoriza o pago, recibes o correo electrónico de confirmación do pedido, pero os cartos non se retiran da túa conta ata que os artigos saen do noso almacén cara ao destino que solicitaches. Isto significa que se, por calquera motivo, non podemos enviar algún dos artigos do teu pedido, non se producirá cargo ningún na túa conta polo importe deste. No caso de pago con PayPal, o importe cobrarase de xeito inmediato. Se non formos quen de enviar algún dos artigos do teu pedido, reembolsaráseche o importe deste. No caso dos pedidos pagados en tenda, se non formos quen de enviarche algún dos artigos, poñerémonos en contacto contigo para ofrecerche unha solución.
-
Podo obter unha factura a nome da miña empresa?
Si, para iso deberás primeiro estar rexistrado como empresa nos datos persoais da túa conta. Despois, debes escoller a opción «Solicitar factura» na páxina de confirmación da compra e introducir os teus datos fiscais. Recibirás a factura dentro do teu pedido.
bershka.com reserva o dereito de poñerse en contacto contigo para solicitarche máis información no caso de producirse calquera problema co pagamento.
Envío
Á tendatotalmente de balde 2-3 días laborables |
Estándar a domiciliogastos de envío de 3,95€ independentemente do número |
Express a domiciliogastos de envío de 5,95€ non importa cantos |
||
E nos puntos de recollidagastos de envío de 2,95€ e máis de 1500 puntos onde recibir |
Entrega o mesmo día en Madridgastos de envío de 5,95€ Fai o teu pedido antes das 14:00 para recibilo hoxe! |
Lembra que, segundo a orixe dos artigos do teu pedido, é posible que algúns métodos de envío non estean dispoñibles
-
Onde está o meu pedido?
Podes facer o seguimento aquí. Se fixeches o teu pedido como «Convidado», preme aquí e introduce o enderezo electrónico e o teléfono móbil que empregaches para a compra. Enviarémosche un SMS cun código que deberás introducir para poder acceder ao teu historial de pedidos. Esta ligazón permíteche acceder ao tracking de seguimento do transportista para todos os métodos de envío, excepto para os envíos a tenda. Tamén che notificaremos por correo electrónico os diferentes cambios de estado do teu pedido.
-
Prazos de entrega
TENDA2-3 días *DOMICILIO1-3 días * (3-5 días en Ceuta e Melilla)DROP POINT2-3 días *EXPRESS1-2 días *Entrega o mesmo día en Madrid:Fai o teu pedido antes das 14:00 h para recibilo hoxe!*laborables
Os prazos de entrega poden ampliarse en función da orixe do teu pedido. No momento de procesar a túa compra, mostrarémosche a data de entrega estimada. Durante os períodos de promocións ou de rebaixas, algúns métodos de envío poden non estar dispoñibles e os prazos de entrega pódense estender.
-
Gastos de envío
TENDA + Envío GRATUÍTO
DOMICILIO + 3,95 EUR
DROP POINT + 2,95 EUR
EXPRESS + 5,95 EUR
Entrega o mesmo día en Madrid: (pedidos antes das 14:00 h) + 5,95 EUR -
Cancelar o meu pedido
Podes cancelar o teu pedido sempre e cando non estea «Empaquetado». • Se es un usuario rexistrado, accede ao apartado «Os meus pedidos» aquí e rexístrate para ver o estado do teu pedido. Só tes que entrar no historial do pedido e seleccionar «Cancelar». Recibirás un correo electrónico de confirmación da cancelación pasados uns minutos. • Se non es un usuario rexistrado, accede ao apartado «Os meus pedidos» aquí e introduce o correo electrónico e o número de teléfono móbil que empregaches á hora de facer o pedido. Enviarémosche un SMS cun código que deberás introducir para poder acceder ao teu historial de pedidos. Unha vez introducido, accederás directamente ao seguimento do teu pedido e poderás seleccionar a opción «Cancelar». Recibirás un correo electrónico de confirmación da cancelación pasados uns minutos.
-
Mensaxes de estado do meu pedido
Recibirás un primeiro correo electrónico de confirmación do pedido no momento de efectualo. Outro correo electrónico de confirmación do envío cando o teu pedido saia do noso almacén cara ao destino que nos indicaches. No caso de entrega a domicilio, a empresa de transporte poñerase en contacto contigo para indicarche o n.º de seguimento do teu pedido e comunicarche a data da entrega. No caso de entrega en tenda, enviarémosche un correo e un SMS cando o teu pedido chegue á tenda que elixiches para que te pases a recollelo. No caso de entrega en punto de recollida, a empresa de transporte poñerase en contacto contigo cando o pedido estea dispoñible e achegarache instrucións para que o recollas no punto que solicitaches.
-
Estados do meu pedido na Miña conta
o Aprobando: unha vez que o teu pedido se curse e namentres se procesa a información que nos facilitaches.
o En trámite: o teu pedido estase a preparar no noso almacén.
o Enviado: os artigos saíron do noso centro de distribución cara ao destino solicitado.
o En tenda: o teu pedido chegou xa á tenda.
o En tránsito: cando o pedido estea pendente de entrega polo transportista.
o Entregado: estado final que indica que o pedido se entregou correctamente. -
Pode recoller outra persoa o meu pedido en tenda?
Si, só tes que lle reenviar o correo electrónico de confirmación do pedido ou o SMS no que se che informa de que o pedido xa está en tenda para que poida mostralo no establecemento e lle entreguen o paquete.
-
Podo cambiar o enderezo de entrega dun pedido?
Si, sempre e cando non finalizaras todo o proceso de compra. En caso contrario, deberás cancelar o pedido se aínda non se empaquetou no almacén.
-
Artigo defectuoso ou incorrecto
En Bershka.com poñemos á disposición dos nosos clientes artigos en perfecto estado que pasan un exhaustivo control de calidade. Se recibes un artigo que consideres defectuoso ou que non pediches, podes poñerte en contacto co noso servizo de atención ao cliente aquí (hiperligazón ao contacto do Call Center).
Termos e condicións
-
Termos e condicións
Podes consultar os termos e condicións de compra aquí
Compra online
-
Como fago unha compra en liña?
Podes facer a túa compra desde calquera navegador ou desde a nosa APP de iOS ou Android. Descárgaa rexistras, terás acceso á túa conta, desde onde poderás facer o seguimento do teu pedido directamente.
- Para rematar a túa compra, deberás seleccionar o método de envío do teu interese e o método de pago co que queiras tramitar o teu pedido.
Xa o tes todo. Preme en tramitar pedido e… Listo!
Enviarémosche unha mensaxe de confirmación do pedido ao teu correo electrónico.
Hai que estar rexistrado para comprar en bershka.com?
Non. Con todo, se compras como convidado, non terás acceso á sección «A miña conta» para consultar o estado dos teus pedidos ou facturas, aínda que che informaremos por correo electrónico de cada paso do proceso desde que finalices o teu pedido ata que o recibas. Se te rexistras, terás acceso á sección «A miña conta», onde poderás consultar en calquera momento o estado dos teus pedidos e facturas sen ter que encher os teus datos cada vez que fagas unha compra.
Como podo recuperar o meu contrasinal?
Se esqueces o teu contrasinal, pódelo restablecer en «Inicia sesión» e, a continuación, premendo en «Esqueciches o teu contrasinal?». Tamén podes premer aquí
Como podo modificar os datos da miña conta de usuario?
Podes cambiar os teus datos en calquera momento desde a sección «Datos persoais» de «A miña conta». Tamén o podes facer aquí.
TARXETA AGASALLO
A solución para esos agasallos de última hora. Dispoñible tendas Bershka e tamén na tenda online
-
Que é unha tarxeta agasallo multicadea?
Unha tarxeta agasallo física ou virtual mercada en calquera cadea do Grupo Inditex (tenda física ou online) que pode empregarse como medio de pagamento en calquera cadea do grupo (tenda física ou online).
-
Onde podo mercar unha tarxeta agasallo multicadea?
En todas as tendas do Grupo Inditex, tanto tendas físicas coma online. Podes comprar e utilizar as nosas tarxetas agasallo en calquera tenda física ou en liña do grupo Inditex: Se compras unha tarxeta agasallo na web, enviarémoscha ao enderezo que nos facilites nos prazos de envío establecidos. Se compras unha tarxeta agasallo virtual, enviarémoslla ao destinatario por correo electrónico no día e hora da túa elección. Para usares en tenda unha tarxeta agasallo virtual, podes imprimila e presentala na caixa no momento do pagamento, ou ben presentar directamente o correo electrónico no teu móbil.
-
Como activo unha Tarxeta agasallo virtual mercada en Bershka.com?
Durante o proceso de compra da tarxeta agasallo virtual, pedirémosche o número de teléfono móbil do destinatario. Cando o destinatario reciba a tarxeta virtual, no mesmo correo electrónico verá unha ligazón para activala. Só ten que facer clic na ligazón, introducir o número da tarxeta, o código CVV2 e a clave de activación. Esta clave serán os 4 últimos díxitos do seu teléfono móbil introducidos durante a compra. Tamén podes activala aquí.
-
¿E se perdo a miña tarxeta agasallo?
A Tarxeta Agasallo é un documento ao portador. Bershka non reemplazará a tarxeta en caso de roubo, perdida, extravío ou deterioro.
-
Consulta o saldo da túa tarxeta
O saldo da tarxeta non se pode reembolsar nin canxear por diñeiro e o saldo dispoñible só aumentará no caso de que fagas unha devolución dun artigo pagado con esa tarxeta agasallo. Consulta o saldo actual e os movementos da túa tarxeta regalo, tanto física coma virtual aquí
-
Teño unha tarxeta agasallo de bershka e só pon o logo de bershka. como sei se é multicadea?
A partir do 2 de decembro, todas as tarxetas agasallo vixentes das tendas do Grupo Inditex son multicadea, tanto se as compraches antes coma despois desa data e independentemente de se teñen a etiqueta de seren multicadea ou non.
COMPRA COMO CONVIDADO
-
COMPRA COMO CONVIDADO
Esta páxina web tamén permite a compra a través da funcionalidade de compra como convidado. Nesta modalidade de compra, solicitaránselle unicamente os datos imprescindibles para poder tramitar o seu pedido. Unha vez finalizado o proceso de compra, ofreceráselle a posibilidade de rexistrarse como usuario ou continuar non rexistrado.
Se realizaches a túa compra como convidado e queres saber o estado do teu pedido, fai clic aquí
Tícket electrónico
-
Que é o tícket electrónico?
É un sistema electrónico de facturación que elimina o tícket de compra impreso. A partir de agora, todos os pedidos que se fagan a través da web e da App van incorporar este novo sistema. A partir de agora, todos os pedidos que se fagan a través da web e da APP van incorporar este novo sistema, agás os pedidos coa opción Tícket agasallo e contra reembolso, que seguirán a recibir o tícket impreso.
-
Onde podes ver o teu tícket de compra?
Cada tícket irá adxunto ás mensaxes de correo electrónico que che enviemos desde bershka.com relacionadas co teu pedido e ademais gardarase automaticamente na sección «Os meus pedidos» da túa conta persoal.
-
Como podes devolver un artigo se non tes o tícket?
Para as devolucións na tenda, só terás que amosar na pantalla do teu móbil o tícket electrónico que recibas adxunto á Confirmación de envío e levar contigo o artigo que queiras devolver. Tamén podes acceder ao tícket desde a páxina web ou a App, só tes que entrar en «A miña conta» e despois na sección «Pedidos».
Para a devolución en DropOff, deberás solicitar a devolución na túa conta e empaquetar o artigo que queiras devolver. Achégate ao punto de recollida e entrega o teu paquete. Non fará falla que imprimas ningún tícket!
-
Como podes cambiar as pezas de roupa sen o tícket?
Igual ca coas devolucións, o único que tes que facer é amosar na pantalla do teu móbil o tícket electrónico adxunto á Confirmación de envío e levar contigo o artigo que queiras devolver. Así de sinxelo!
Tícket Agasallo
-
Qué é o Tícket Agasallo?
O Tícket Agasallo permíteche facer un pedido á persoa que desexes sen que apareza o importe e co que podes engadir unha mensaxe personalizada.
A persoa ao que llo regales pode realizar cambios ou devolucións na tenda. O importe dos artigos devoltos reembolsase nun Tícket Abono a condición de que a devolución fágase na tenda.
- Se non tes tenda física próxima contacta co noso departamento de atención ao cliente.
-
Como podo facer un pedido con Tícket Agasallo?
Se queres realizar un pedido como agasallo, só terás que seleccionar a casa Envío para agasallo na cesta da compra. Esta opción non está dispoñible se inclúes unha Tarxeta Agasallo.
-
Podo enviar unha mensaxe ao destinatario do pedido?
Si, cando selecciones a opción Tícket Agasallo na cesta da compra poderás introducir unha breve mensaxe que imprimiremos e incluiremos no teu pedido.
-
Cal é o prazo para poder realizar unha devolución?
O prazo para calquera devolución é de 1 mes a partir da data que aparece no Tícket Agasallo.
-
Como podo pagar con Tícket Abono que recibo ao efectuar a devolución?
Tanto no caso dun Tícket Abono, despois de realizar a túa compra, elixe como método de pago “Tarxeta Agasallo”.
-
Como pode o destinatario devolver un pedido realizado con Tícket Agasallo?
O destinatario pode devolver o pedido acudindo a calquera das nosas tendas Bershka do mesmo país.
- Se non tes tenda física próxima contacta co noso departamento de atención ao cliente.
-
Como recibe o destinatario o reembolso?
- Mediante un Tícket Abono realízase a devolución en tenda.
- Mediante un Tícket Abono que che será entregado ao realizar a devolución en tenda.
-
Podo recibir o reembolso no método de pago orixinal?
Si, para iso utiliza, en lugar do tícket agasallo, a factura que podes descargar dende a túa conta en Bershka.com.
Cobertores faciais comunitarios
-
Cobertores faciais comunitarios
CWA 17553:2020***Per raons d'higiene i protecció de la salud, no s'accepten canvis ni devolucions dels cobertors facials una vegada s'hagi obert l'embalatge.***
Propiedades:
Lote 0508
Filtración: nivel 70/90 % segundo EN-14683
Resiste polo menos 30 ciclos de lavado e secado mantendo as súas propiedades
Tamaño adulto
Non adecuado para nenos menores de 3 anos.Advertencias e precaucións de uso:
— Se estás enfermo, este cobertor facial comunitario non é adecuado. Consulta co teu médico.
— Este cobertor facial comunitario non é un dispositivo médico segundo a definición establecida pola Directiva 93/42/CEE ou o Regulamento UE/2017/745 (máscaras cirúrxicas) nin é un equipo de protección persoal segundo a definición establecida polo Regulamento UE/2016/425 (dispositivos de protección respiratoria).
— Comproba sempre que o cobertor facial comunitario estea correctamente axustado e cubra nariz, boca e queixo. Recoméndase que se use este cobertor facial comunitario directamente sobre a pel; a barba pode reducir a eficacia de filtración por baixo dos límites establecidos.
— Os cobertores faciais comunitarios non son adecuados para nenos menores de 3 anos. Recoméndase que os nenos de entre 3 e 12 anos sexan supervisados mentres usan o cobertor facial comunitario. Un cobertor facial comunitario que dificulte a capacidade de respiración do usuario cando a pon por primeira vez considérase inadecuado. É posible que che leve o teu tempo sentirte cómodo co cobertor facial comunitario.
— Este cobertor facial comunitario non substitúe as medidas de protección (lavado de mans regular, separación física, contacto reducido con outras persoas). Minimiza a proxección das pingas respiratorias do usuario no ambiente.
— Non o utilices cando practiques unha actividade física forte.
— Deixa de usar este produto ante os primeiros signos de dano.
— Non utilizar limpeza en seco nin suavizante.
— Lavar o cobertor facial comunitario despois de cada uso.Instrucións de lavado:
Número máximo de lavados (seguindo as instrucións de lavado): 30 Realiza un ciclo de lavado completo (humedecer, lavar, aclarar, usando deterxente normal,a 60 oC)
Sécao ao aire (non o metas na secadora nin o desinfectes no forno nin no microondas).
Recoméndase secalo dentro das 2 horas posteriores ao lavado.
Inspecciona visualmente o cobertor facial logo de cada lavado para comprobar se hai danos.
Non utilices ningún produto que poida degradar ou danar os materiais, xa que diminuiría a súa capacidade protectora.
Evita o contacto entre un artigo sucio e roupa limpa e con produtos que poidan degradar ou danar o material do artigo, e evita ambientes nos que o artigo poida contaminarse de novo unha vez limpo.