CESTA DE COMPRA

Total

VER CESTA
Anterior Seguinte

Empresa:

Bershka. A empresa

A marca

Bershka nace en 1998 como nova marca do Grupo Inditex, cun novo formato comercial que dá resposta ás esixencias dun sector xuvenil interesado e gran coñecedor das novas tendencias. Bershka preséntase como un punto de referencia para a moda dirixida a este público cada vez máis esixente e, en só dous anos, acada os 100 establecementos, consolidando deste xeito a súa imaxe de marca. Actualmente, despois de 15 años, a cadea conta con máis de 910 tendas en máis de 64 países, con ventas que representan o 10% do total de ingresos de todo o grupo. Bershka posúe unha área de venda de máis de 338.000 metros cadrados. O negocio da empresa abrangue o deseño, a fabricación, a distribución e a venda de moda nas tendas.

Para traer sempre as últimas tendencias á tenda, Bershka aprovéitase da flexibilidade do seu modelo de negocio para adaptarse aos cambios que poden producirse durante as campañas e, deste xeito, reaccionar a eles con novos produtos nas tendas no período de tempo máis breve posible. Os modelos de cada campaña son desenvolvidos integramente polos seus equipos creativos, que toman como principais fontes de inspiración tanto as tendencias de moda imperantes no mercado como aos propios clientes, a través da información que se recibe das tendas.

O equipo de deseñadores de Bershka está formado por máis de 60 profesionais que avalían constantemente as necesidades, os desexos e as demandas dos consumidores, ofrecendo cada ano máis de 4.000 produtos diferentes nas súas tendas.

O target

O público de Bershka caracterízase por seren mozos e mozas atrevidos, coñecedores das últimas tendencias e interesados na música, nas redes sociais e nas novas tecnoloxías.

O concepte

As tendas de Bershka no mundo caracterízanse pola súa colocación estratéxica e a súa coidada arquitectura. Os establecementos convértense en espazos vangardistas, amplos e cunha coidada imaxe que abrangue desde os seus escaparates, ata a disposición das pezas de roupa no seu interior.

Bershka selecciona as mellores zonas comerciais de cada cidade e posiciónase nas áreas máis destacadas dos principais núcleos comerciais. Adóitanse elixir edificios únicos, que o estudio de arquitectura de Bershka renova e adapta á súa imaxe de marca e filosofía.

Música, pantallas, proxeccións, gráficas actuais, cores de moda, deseño de mobiliario contemporáneo, iluminación de última xeración... todas estas características converten a tenda Bershka nunha Shopping experience.

O interior das tendas está deseñado para dar a máxima relevancia á exposición da moda. A distribución do espazo, a música, a iluminación, o mobiliario, a gráfica e todos os materiais empregados foron concibidos e elixidos coidadosamente para ofrecerlles a máxima liberdade aos seus clientes mentres descobren as últimas tendencias da moda. Todos os elementos da tenda son deseñados polo equipo de imaxe de Bershka e actualízanse cada campaña.

A tenda Bershka está concibida como un espazo para que os mozos e as mozas se sintan atraídos e cómodos, converténdose esta nun entretemento. Mentres miran, seleccionan e proban as pezas de roupa, poden escoitar o último en música e seguir as tendencias de arte urbano que representan as gráficas e as sesións fotográficas plasmadas na decoración dos establecementos.

Bershka dálle moita importancia aos seus escaparates. Bershka preséntalle ao seu público as pezas de roupa máis importantes da colección e a temática predominante. Os escaparates renóvanse constantemente cada campaña e o produto adáptase á moda do interior das tendas, reflectindo as tendencias de toda a tempada.

No novo concepto de tenda, Bershka transformou todo o espazo comercial en escaparate, deixando unha ampla fachada de cristal que deixa ver a tenda e a colección ao completo

Liñas de produto

As tendas posúen espazos diferenciados dedicados ás distintas liñas de produto que ofrece Bershka. En cada sección, Bershka, BSK & Home, o produto está situado acorde co seu estilo, creando un amplo espectro que vai desde a moda informal á deportiva e de pezas de roupa básicas ás de maior tendencia.

A área dedicada á roupa de muller é a máis importante. Esta sección conta con dúas liñas de produto, Bershka e BSK. A primeira céntrase na moda máis actual e inclúe as tendencias máis vangardistas. Posúe unha ampla gama de moda vaqueira, roupa de noite, moda informal e de última tendencia.

BSK é a colección máis xuvenil da marca, sempre atenta aos gustos e as necesidades deste público. BSK basea a súa colección nos gustos e intereses deste público, intereses como a música, os ídolos, as estrelas de rock…

A sección de home ofrece moito máis que moda vaqueira de tendencia para os máis novos. Esta liña de produto ofrece tamén roupa informal, deportiva e de moda.

Por outra banda, á parte da ampla gama de roupa, Bershka ofrece tamén un amplo abano de accesorios e calzado.

Oficinas

Edificio Inditex Avenida de la Diputación s/n 15142 Arteixo, A Coruña, España

  • Alemania - Hamburgo

    Mönckebergstrasse 10
    20095 HAMBURGO
    Tel. 49 40 30962222
    Fax 49 40 30962240

  • Andorra - Andorra la Vella

    Av. Meritxell, 91 - 1º
    AD500 ANDORRA LA VELLA
    Tel. 376 827340
    Fax 376 827640

  • Austria - Viena

    Hegelgasse, 21 Top 7
    1010 VIENA
    Tel. 43 1 512791400
    Fax 43 1 512791433

  • Arabia Saudi - Viena

    Al Hokair 1st floor - Al Ajlan Centre - Olaya Street - P.O.Box 359
    11411 RIYADH
    Tel. 966 1 4350000
    Fax 966 1 4357268

  • Bahrein - Salmania

    Pearl Building, 3282
    P.O.Box 2832 SALMANIA
    Tel. 973 17 246677/ 973 17 230088
    Fax 973 17 233301

  • Bélgica / Luxemburgo - Bruselas

    Rue du Marais , 49-53
    1000 BRUSELAS
    Tel. 32 2 2210260
    Fax 32 2 2210290

  • China - Shanghai

    21F ShengGao International Building - 137 XianXia Road
    200051 SHANGHAI
    Tel. 86 21 61611900
    Fax 86 21 62289051

  • Chipre - Nicosia

    24, Solonos Street - P.O.Box 4715
    1303 NICOSI
    Tel. 357 2 2761111
    Fax 357 2 2760888

  • Colombia - Bogotá

    Carrera 21 # 166
    53 Barrio Toberin 166 BOGOTÁ
    Tel. 57 1 6672212
    Fax 57 1 669311

  • Corea del Sur - Seúl

    20th Fl., World Trade Center, 159-1, Samsung-dong
    Kangnam-ku, 135-729 SEÚL
    Tel. 822-3413-9800/9807
    Fax 822-3413-9899

  • Croacia - Zagreb

    Zagreb Tower - Radnicka Cesta 80
    10000 ZAGREB
    Tel. +385 1 6396105

  • España

    Av. Verge de Montserrat, s/n
    08490 Tordera
    Tel. +34 93 766 76 98
    Fax +34 93 766 76 44

  • Egipto

    5 El Shahid Ali Talaat - Heliopolis Square - Cairo Egipto
    Tel. +201 0000 40 89
    Fax +202 2369 20 12

  • El Salvador - San Salvador

    C.C. Galerías Pº Gral. Escalón 3700 - Col. Escalón - P.O.Box 800
    17297 SAN SALVADOR
    Tel. 503 2453000
    Fax 503 2454000

  • Eslovenia - Ljubljana

    Kotnikova, 28
    1000 LJUBLJANA
    Tel. 386 13084121
    Fax 386 12302450

  • Estonia / Letonia / Lituania - Vilnius

    Kirtimu Street, 51
    02244 VILNIUS
    Tel. 370 5 2390802
    Fax 370 5 2390800

  • Eslovaquia

    Einsteinova 18
    851 01 Bratislava - Slovakia
    Tel. 36 780 243
    Fax 2022398323

  • Francia / París

    80, Av. des Terroirs de France - 6 Immeuble Garonne
    75012 PARIS
    Tel. 33 1 55788888
    Fax 33 1 55788950

  • Grecia - Atenas

    Athinas, 33-37
    105 54 ATENAS
    Tel. 30 2103243101
    Fax 30 2103243127

  • Guatemala - Guatemala

    18 calle, 2-21 - Zona 10 - Gran Centro Los Próceres
    00-509 GUATEMALA
    Tel. 502 24294658
    Fax 502 23328788

  • Holanda - Amsterdam

    Nieuwezijds Voorbugwal, 305
    1012 RM AMSTERDAM
    Tel. 31 20 5305660
    Fax 31 20 5305663

  • Hong Kong - Hong Kong

    Mönckebergstrasse 10
    20095 HAMBURGO
    Tel. 49 40 30962222
    Fax 49 40 30962240

  • Hungría - Budapest

    Váxi Utca. 6 - Kristof Ter. 2
    1052 BUDAPEST
    Tel. 36 1 3270200
    Fax 36 1 3270201

  • Indonesia - Jakarta

    Wisma 46 - Kota BNI - 9th floor - JI. Jendral - Sudirman Kav. 1
    10220 JAKARTA
    Tel. 62 21 5745808
    Fax 62 21 5746850

  • Irlanda - Dublín

    5th Floor Hainault House 69/71 St Stephens Green
    DUBLÍN 2
    Tel. 353 1 4070714
    Fax 353 1 4070715

  • Italia - Milán

    Largo Corsia Dei Servi 3
    20122 MILAN
    Tel. 39 02 8180081
    Fax 39 02 89152424

  • Japón - Tokio

    Fujiwara building 6F, 1-10-11, Ebisu-nishi, Shibuya-Ku
    150-0021 TOKIO
    Tel. 03 6415 8061
    Fax 03 6415 8078

  • Jordania - Amman

    Sweifieh - Alwakalat Street - Zara Building - 1st floor - P.O.Box 81561
    11180 AMMAN
    Tel. 962 6 5825394
    Fax 962 6 5825397

  • Kuwait - Kuwait

    Al-Bahar center – Hawally, Tunis Street, Block 61, 1st Floor, Office nº F01 – P.O. 5731
    22068 KUWAIT
    Tel. 965 264 60 10
    Fax 965 264 60 90

  • Letonia / Estonia / Lituania - Vilnius

    Kirtimu Street, 51
    02244 VILNIUS
    Tel. 370 5 2390802
    Fax 370 5 2390800

  • Líbano - Beirut

    Ibisa Center 3rd floor - Rashid Karame Street - P.O.Box 114
    5060 BEIRUT
    Tel. 961 1804888
    Fax 961 1801192

  • Lituania / Estonia / Letonia - Vilnius

    Kirtimu Street, 51
    02244 VILNIUS
    Tel. 370 5 2390802
    Fax 370 5 2390800

  • Malasia - Selangor Darul Eshan

    Lot 691 Kompleks Hamodal 5 - Jalan Lagoon Selatan - Off. Jalan Kewajipan
    47500 PETALING JAVA - SELANGOR DARUL ESHAN
    Tel. 603 77839930/ 31
    Fax 603 77839963/ 603 77839973

  • Malta - B'Kara

    133ª, Naxxar Road
    BKR 07 B’KARA
    Tel. 356 21 443813
    Fax 356 21 486564

  • Marruecos - Casablanca

    3, rue El Messaoudi, Angle - Bd Massira Al Khadra - Maârif
    CASABLANCA
    Tel. 212 22 362288
    Fax 212 22 362291

  • México - México D.F.

    C/ Poniente 146, No 730 - Colonia Industrial Vallejo - Deleg. Azcapotzalco
    02300 MEXICO D.F.
    Tel. 52 55 50782000
    Fax 52 55 50782095

  • Montenegro / Serbia - Belgrado

    Milentija Popovica, 7u
    11070 BELGRADO
    Tel. 381 011 2011800
    Fax 381 011 2011808

  • Polonia - Varsovia

    Ul. Mysia 5
    00 496 VARSOVIA
    Tel. 48 22 5965150
    Fax 48 22 5965151

  • Portugal - Lisboa

    Av. Fontes Pereira de Melo, 49 2º izquierda
    1050-120 LISBOA
    Tel. 351 21 3183900
    Fax 351 21 3183950

  • Qatar - Doha

    Al Mansoura - Handasa Street - Sultan Haman Building, 3rd floor - P.O.Box 55349
    DOHA
    Tel. 974 435 4880
    Fax 974 435 5045

  • Reino Unido - Londres

    120 Regent Street LONDRES
    W1B 5FE
    Tel. 44 20 78514300
    Fax 44 20 78514301

  • República Checa - Praga

    RYBNA 682/14
    11000 PRAGA
    Tel. 42 02 24239870/ 71/ 72
    Fax 42 02 24239860

  • Rumania - Bucarest

    Bd. Corneliu Coposu nr 2ª
    Sector 3, Bucuresti, 030605
    Tel. 40.31.730.9272
    Fax 40.31.730.9272

  • Rusia - Moscú

    6 Gasheka Street, 6 - Building 1 - 11th floor
    125047 MOSCÚ
    Tel. 7 4956431355
    Fax 7 4956431353

  • Serbia / Montenegro - Belgrado

    Milentija Popovica, 7u
    11070 BELGRADO
    Tel. 381 011 2011800
    Fax 381 011 2011808

  • Singapur - Singapur

    190 MacPherson Road - Wisma Gulab, 02-00 - Singapur
    SINGAPUR
    Tel. 65 67466555
    Fax 65 68404342

  • Suecia - Estocolmo

    Place du Molard, 2-4
    1204 Genéve Switzerland
    Tel. 41 22 30 16 350
    Fax 41 22 30 16 345

  • Tailandia - Bangkok

    999/9, The Off. at Central World Building, Unit Nº 1908, 19th floor - Rama 1 Road - Pathumwan
    10330 BANGKOK
    Tel. 662 6461388
    Fax 662 6461390

  • Turquía - Estambul

    Is Kuleleri Kule 2 - Kat 2
    34330 4 Levent ESTAMBUL
    Tel. 90 212 2840422
    Fax 90 212 2794473

  • E. A. U.

    Deira City Centre - MAF Tower - 3rd floor
    22700 DUBAI
    Tel. 971 4 2944244
    Fax 971 4 2944200

  • Venezuela - Caracas

    Elice, Edif. Gelomaca - piso 7º - Chacao
    1060 D.F. CARACAS
    Tel. 49 40 30962222
    Fax 49 40 30962240

Traballa connosco

Únete ao equipo de BSK!.

Utiliza o buscador de ofertas de traballo de Inditex e descobre todas as ofertas de traballo en Bershka.

Fai clic aquí para acceder ao buscador de Inditex.

Contacto

Venda online


Desde aquí resolveremos todas as dúbidas que teñas sobre o noso servizo de venta online.

Tel.: 900 456 003

De luns a venres, de 9:30 a 19:30

Tendas e Empresa


Desde aquí resolveremos calquera comentario ou dúbida sobre a nosa organización e os nosos servizos.
Formulario de contacto

Tel.: 981 185 400

Políticas

Política ambiental

A través do seu modelo de negocio, Bershka quere axudar ao desenvolvemento sostible da sociedade e o medio co que interactúa. O compromiso co Medio natural inclúese dentro da política de Responsabilidade Corporativa do grupo Inditex, publicada na páxina web: www.inditex.com.

Estes son algúns dos obxectivos e accións desenvolvidos no marco do compromiso ambiental, directamente asociados ás tendas e ao cliente:

  • Aforramos enerxía.
  • A tenda ecoeficiente.
  • Reducimos a produción de residuos e reciclamos.
  • Compartimos o compromiso con todo o cadro de persoal.
  • Un equipo sensibilizado

Aforramos enerxía. A tenda ecoeficiente.

Estamos a desenvolver un modelo de xestión ‘ecoeficiente’ das tendas que permitirá reducir o consumo enerxético nun 20%, integrando criterios de sostemento e de eficiencia. Este modelo de xestión propón medidas en todos os procesos, desde o deseño da propia tenda, as instalacións de sistemas de iluminación, de calefacción ou de refrixeración, ao posible reciclaxe do mobiliario e a decoración.

Reducimos a produción de residuos e reciclamos. A reciclaxe das perchas ou das alarmas, que son recollidas nas tendas e procesadas para se converter noutros elementos plásticos, son un exemplo da xestión de residuos. Millóns de perchas e alarmas son procesadas cada ano. Ademais, tanto o cartón como o plástico empregados nos embalaxes son reciclados.

Compartimos o compromiso con todo o cadro de persoal. Un equipo sensibilizado.

Campañas de comunicación interna e plans específicos de formación multimedia para sensibilizar aos empregados nas prácticas sostibles como racionalizar o consumo de enerxía, practicar o transporte sostible ou modificar hábitos de conduta.

CO PRODUTO

  • Incorporamos tecidos ecolóxicos.
  • O algodón orgánico.
  • Fabricamos calzado sen PVC.

Incorporamos tecidos ecolóxicos. O algodón orgánico.

Bershka apoia a agricultura ecolóxica e utiliza na confección de pezas de roupa seleccionadas algodón orgánico (algodón 100%, totalmente libres de praguicidas, axentes químicos e branqueadores). Atopalas na tenda será doado, xa que levan unha etiqueta distintiva.

NO TRANSPORT

Introducimos combustible biodiésel.

A frota de camións de Bershka, que transporta cada ano máis de 200 millóns de pezas de roupa, emprega o 5% de combustible biodiésel. Esta medida permite reducir as emisións de máis de 500 toneladas de CO2 na atmosfera.

Política de Trato aos Animais

Todos os produtos de orixe animal, incluídas peles e coiros, comercializados nas nosas tendas proceden exclusivamente de animais criados en granxas para a alimentación e en ningún caso de animais sacrificados exclusivamente para a venda das súas peles.